Kurt Cobain

Nobody dies a virgin... Life fucks us all.

viernes, 24 de febrero de 2012

As rulas de Bakunin.

-Camilo, a política non entra na filosofía do anarquismo.
-¿Nin a política social?
-Iso son retóricas, disfraces. A política da Segunda República foi a culpable de todo, e sobre ela indirectamente haberían de caer todos os mortos da Guerra Civil.
-¡Non te entendo, Andrés! Tes unhas ideas absurdas.
-¿A quen se lle ocorre deixar aos xenerais reaccionarios e monárquicos nos seus postos de mando?
-¿E iso a que ven agora?
-Os da FAI sabiamos moi ben o que había que facer con eles.

-Xa, linchalos.
-Será que eles dubidaron moito en facelo con nos.
-Coas palabras tamén se poden facer revolucións. 
-Boh, como diría un ferrolán, conachadas retóricas. Non se pode servir a Deus e ao demo. Mira a Franco, hai que lle recoñecer a súa intelixencia para crear un pobo de ignorantes afeitos a resignación. Hoxe ninguén quere saber nada do que pasou e mesmo miran aos comunistas como a reliquias ou fósiles vestidos de paisano.
-Daquela, a revolución anarquista.
-Pois si, as ditaduras económicas van abrindo unha regaña de desigualdade cada vez maior e que un dia ha de rebentar por algures. As riquezas iranse concentrando; os ricos serán menos e os seus cartos xa non poderán garantir a súa seguridade. A fame e unha das armas mais terribles. 
-Deduzo que non cres na democracia.
-A democracia, Camilo, mentres exista un poder establecido éche imposible.
-¿Mentres exista Estado?
-En efecto. [...] Non tes mais que ver o sistema. Aos Estados dáchelles boa perda que desaparezan os índices de analfabetismo. Canto mais burros mais doado e engaiolalos con debates partidistas e programas folclóricos na televisión. 
-En todo caso, nos xa somos vellos para andarmos con filosofías. Para o que nos queda. 



As rulas de Bakunin.
Antón Riveiro Coello.



No hay comentarios:

Publicar un comentario